Avatar

✦ 𝕽𝖚𝖇𝖊́𝖓 𝕽𝖎𝖆𝖑 ✦

@rubenrial / rubenrial.tumblr.com

Ola! Son Rubén, ilustrador e debuxante de comic da Costa da Morte. eMail: cankente@gmail.com ✉
Avatar

Tiven a oportunidade de poder debuxar unhas páxinas con guión de Manolo Poy para acompañar a exposición de arte "Picasso na casa" que se inaugurou na Casa Museo Picasso da Coruña, onde contamos anacos da infancia do pintor durante o seu breve paso pola cidade, onde comezou a formarse como artista. A expo foi organizada por Coruña Gráfica e está aberta ata finais de mes, aproveitade!

Source: tumblr.com
Avatar

No 1615, corsarios neerlandeses preparan un asalto á cidade peruana de Lima. Isabel Flores de Oliva, unha monxa católica, reúne ás mulleres da cidade na igrexa de nosa Señora do Rosario para defendelas e rezar pola seguridade dos veciños. Días despois o capitán da flota neerlandesa falece e o ataque cancélase. Esa coincidencia e relatos de conversas entre ela e outras divinidades cristiás, son os motivos que levaron á Igrexa a convertela en santa, pasando a chamarse Rosa de Lima.

lustración para o canle de YT Pero Eso Es Otra Historia

Source: tumblr.com
Avatar

O "diluvio de San Mateo" foi o nome que se lle deu á inundación que sufriu Cidade de México no 1629. As causas: as fortes choivas que duraron varios días e o peche dunha canle en construcción que tiña como obxectivo drenar o lago sobre o que se asentaba a cidade. 5 anos tiveron que pasar ate que a auga desaparecera das rúas.

Ilustración para o canle de YT Pero Eso Es Otra Historia.

Source: tumblr.com
Avatar

Décadas despois das Revoltas Irmandiñas (1460s), chámanse a declarar no Preito Tabera - Fonseca a unha serie de testemuñas que viron cos seus ollos os acontecementos que marcarían un cambio no sistema feudal galego. Estes son os retratos imaxinados daquelas persoas no momento no que presenciaron os feitos, ilustrados para acompañar ó Centro de Interpretación das Revoltas Irmandiñas que se pode visitar no castelo de Moeche, e que foi organizado por Trivium, estratexias en cultura e turismo.

Source: tumblr.com
Avatar

Ilustrei estes retratos de mariños para a exposición "Terra de Exploradores" enmarcada dentro das actividades do proxecto Exploraterra e xestionada por Trivium, que amosan a relación de Galicia coas expedicións marítimas dos séculos XVI ao XVII.

  1. Cristovo Colón.
  2. Isabel Barreto de Castro.
  3. Gonzalo de Vigo.
  4. Gómez Pérez das Mariñas.
  5. Estevão Gomes.
  6. Bartolomé e Gonzalo García de Nodal.
Source: tumblr.com
Avatar

Un par de ilustracións que realicei para a web das FOREGA, Fortalezas do Reino de Galicia; que reúne unha listaxe destas e difunde o patrimonio cultural derivado das construccións orixinarias das Idades Media e Moderna. Serven como dous exemplos das diferentes morfoloxías de castelos que se poden atopar, neste caso, na provincia da Coruña.

  1. O castelo de Vimianzo. (Baixa Idade Media)
  2. A fortaleza de San Felipe. (Idade Moderna)

Podedes visitar a súa páxina en forega.gal

Source: tumblr.com
Avatar

Tiven a oportunidade de debuxar xunto con Inés Vázquez e Dani Xove unha das etapas da vida da actriz coruñesa María Casares, neste cómic que celebra o centenario do seu nacemento. Tremendo guión de Manuel L. Poy, coa dirección de Manel Cráneo e portada de Camille Benyamina. Editado polo Concello da Coruña. Un reto facerlle xustiza a unha historia como a súa e unha moi boa experiencia como debuxante! Se queredes ir botarlle un ollo ás páxinas, tendes unha exposición ate novembro na Sala Municipal de Exposicións Salvador de Madariaga.

Source: tumblr.com
Avatar

Estas son unhas ilustracións que fixen para a nova web do convento de Santa Clara en Pontevedra, que foi recentemente adquirido polo concello. Os retratos son os dalgunhas das personaxes relevantes que pasaron por alí:

  1. Abadesa Sor Leonor González (1271), a primeira que tivo o convento.
  2. Abadesa Sor María de Sto Antonio (1616), fíxose pasar por neno para entrar na vida relixiosa.
  3. Frei Martiño Sarmiento (1702), cando a invasión inglesa da ría de Vigo, fuxe coas monxas de Sta Clara a Santiago.
  4. Sor María Guillerma de San Bernardo e Sor Catalina de San Ignacio (mediados s.XVIII), encargadas da custodia e coidado dos arquivos e patrimonio do convento.
  5. Pablo Morillo (1808), participa na liberación do territorio pontevedrés durante a guerra contra Francia.
Source: rubenrial
You are using an unsupported browser and things might not work as intended. Please make sure you're using the latest version of Chrome, Firefox, Safari, or Edge.